"Soy musulmán, ¿me das un abrazo?", campaña contra la islamofobia
Diglosiamonolingüe
No ano 2008 un portal de información na internet (Vieiros.com) convocou a cidadanía a un concurso de curtametraxes e fotografías coa temática da lingua galega baixo o título de "Unha imaxe para o Galego". Esta curtametraxe realizada por catro mozos foi unha das participantes en dito concurso, nela apréciase a sobrevaloración da lingua galega para eles reivindicando un contexto de monolingüísmo no seu país fronte a un modelo de bilingüísmo cunha lingua colonizadora sobre a lingua a extinguir.
A diglosia é a distribución de unha ou máis variedades lingüísticas que, dentro dunha comunidade (linguas en contacto), por mor dun desigual reparto de usos, cumpren unhas funcións distintas e empréganse en situacións e contextos diferentes. Neste traballo realizado por catro mozos exemplifican un caso de diglosia entre a lingua normativizada e a lingua establecida por xirias no mundo do rural Galego.Ver video "Diglosiamonolingüe"