CÁMARA, OFICIAL, COMERCIO, INDUSTRIA, NAVEGACIÓN, EMPLEO,
Resumo de incidencias no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Imaxes subtraídas dos noticieros de verán de V televisión dende o 9 de xuño ata o 28 de agosto.
O vídeo recolle as preocupacións dos traballadores e traballadoras da sanidade de Vigo as cales son acollidas polos sindicatos que abalan as devanditas preocupacións facéndose así adiantar o que mais adiante acontecerá no hospital novo da cidade olivica e o que queda aínda por acontecer.
Mentres que a conselleira de sanidade da Xunta de Galiza ten a indecencia de rir cada vez que vén á cidade de Vigo e falar aos medios tal como mostra a súa linguaxe non verbal de ver se coa o que direi facendo un menos prezo aos cidadáns da cidade de Vigo e a súa bisbarra, a conselleira Roció Mosquera non é digna de ser a que leve a sanidade Galega.
Como ben saben o Hospital Álvaro Cunqueiro non só vai acoller ao pobo de Vigo senón tambien a: Porriño, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Sotomaior, Cangas de Morrazo, Moaña, Salvatierra de Miño, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ás Neves, Salvaterra de Miño, Tui, Ponteareas, Bueu e Vilaboa.
O día 3 este mesmo xoves todo Galiza ten que vir a Vigo a manifestarse en contra dos recortes e os copagamentos aos que nos obrigan facer cada vez que visitemos o Álvaro Cunqueiro. Nin un paso atrás, ata a vitoria sempre.
Ketek Laboratory-Study Zulo S.A. BY @ilcanallarubensVer video "Resumo de incidencias no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo."